A través del Correo del Blog me han hecho llegar desde la Asociación Nao Senlleira las Bases del I Concurso de Monólogos "Gargallada no Río Miño" que tendrá lugar este mes de Agosto y que ell@s organizan.
A continuación os pongo las Bases del Concurso, así como las formas de contacto con ellos para cualquier duda que pueda existir
A Asociación cultural Nao Senlleira de Cortegada convoca o I Concurso de monólogos “GARGALLADA NO RÍO MIÑO”
BASES DO I CONCURSO DE MONÓLOGOS “Gargallada no Río Miño”
PRIMEIRA: Participantes
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, cuxa idade sexa de 18 ou máis anos.
Os monólogos serán humorísticos, textos orixinais do propio artista, que non fosen publicados. Deberán estar escritos e desarrollados en galego ou castelán.
SEGUNDA: Inscrición
A documentación solicitada enviarase por correo ordinario, correo electrónico ou en man, coa ficha que figura ao final destas bases, debidamente cumprimentada á seguinte dirección:
I CONCURSO DE MONÓLOGOS
Asociación Nao Senlleira de Cortegada
R/ Otero Novas, 2
32200. Cortegada
Ourense
Asocianao@gmail.com
No suposto de que se dispoña da actuación gravada en DVD, o concursante poderá adxuntala.
A data límite de recepción dos monólogos é o 29 de xullo de 2011 ata as 14:00 horas.
TERCEIRA: Documentación
- Fotocopia do DNI
- As obras, sen asinar, deberán presentarse nun sobre pechado, sin indicación algunha dos datos personais do concursante. Dentro deste sobre introducirase outro que conteña unha ficha cos seguintes datos: nome, apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico.
No suposto de envío por mail, adxuntar o texto nun documento e noutro documento os datos persoais.
CUARTA: Criterios a ter en conta
- Texto mecanografiado, cunha duración en escena superior a 10 minutos e inferior a 15 minutos.
- O tema é libre.
QUINTA: Selección e desenvolvemento
A organización establecerá unha fase previa á final o día 14 de agosto, dependendo da cantidade de monólogos recibidos. A preselección será comunicada aos inscritos.
A final establécese o día 19 de agosto de 2011.
O día da final, os seleccionados non poderán repertir monólogo exposto na fase previa, podendo acadar a actuación unha duración de ata 30 minutos.
Tódolos participantes deben acatar por completo as bases do concurso, os horarios, as datas e as decisións do xurado.
Se houbera algún imprevisto, conflicto ou malentendido, a organización según proceda resolverao baseándose nos criterios de racionalidade, igualdade e equidade.
A participación neste certame, supón o cumprimento destas bases. Para casos que poidesen surxir que as bases non contemplen, a decisión do xurado e da organización será válida.
Os participantes eximen á organización do concurso de calquera responsabilidade derivada de plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente na que puidera incurrir algún dos participantes.
A organización deste concurso resérvase o dereito de poder modificar as datas ou bases, para o mellor funcionamento do mesmo.
SEXTA: Premios
- Primeiro premio: 1.000 euros
- Segundo premio: 600 euros
- Terceiro premio: 200 euros.
Aplicarase a retención do IRPF que sinala a normativa reguladora.
Os premios poderán declararse desertos si o Xurado así o estima
O fallo do xurado será inapelable.
SÉPTIMA:
A Asociación Nao Senlleira de Cortegada resérvase o dereito a utilizar as gravacións e cedelas nas condicións que se consider oportunas para unha maior difusión das mesmas.
FICHA DE INSCRICIÓN CONCURSO DE MONÓLOGOS:
NOME:
DNI:
TELÉFONO:
DOMICILIO:
DATA DE NACEMENTO:
E-MAIL:
Para contactar con los organizadores para cualquier duda lo podreis hacer a través del correo asocianao@gmail.com o visitando su página web ( http://www.rockinriomino.com/portadous.htm )
Nota: Esto es simplemente de difusión del evento. En ningún momento participo en la organización ni soy responsable de nada de lo que pueda pasar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario