"Hai POD", novo espectáculo de humor
Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor presentarán o seu novo espectáculo de humor. A representación no Teatro Rosalía da Coruña será o 15 de marzo, no Auditorio de Ourense o 29 de marzo, e no Teatro Principal de Compostela o 1 de maio e no Pazo da Cultura de Narón o 4 de maio
A Coruña, Ourense, Compostela e Narón son as vilas que acollerán as primeiras datas coñecidas da xira de Hai POD, un novo espectáculo de humor protagonizado por Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor. Os tres cómicos, dos máis coñecidos e prolíficos da escena galega, actuarán o 15 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña, o 29 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense, o 1 de maio no Teatro Principal de Compostela e o 4 de maio no Pazo da Cultura de Narón.

Son as primeiras datas dunha xira que levará o espectáculo Hai POD (que se preestreou en novembro de 2011 na Sala The Star de Carral) polas principais cidades galegas e na que moi pronto se anunciarán máis datas. Pepo, Oswaldo e David (as siglas que dan nome ao espectáculo) son os autores e protagonistas de Hai POD, unha peza centrada no mundo das novas tecnoloxías e internet. "Primeiro foi o walkman, despois chegou o mp3 e agora... Hai POD" é o lema do espectáculo, que vai máis aló da simple sucesión de monólogos e que inclúe a proxección de vídeos pregravados, a interacción entre os artistas, música e moitas sorpresas.
Horarios e venda de entradas
A representación de Hai POD no Teatro Rosalía da Coruña será o xoves 15 de marzo e comezará ás 20:30; o prezo das entradas vai dos 7 aos 15 euros en función da ubicación da butaca. No caso de Ourense, a representación no Auditorio Municipal será o 29 de marzo, tamén ás 20:30, por un prezo de 13 / 15 euros (patio de butacas / anfiteatro). Nos dous casos as entradas xa están á venda por internet na web www.servinova.es e por teléfono no número 905 504 500. Proximamente concretaranse os detalles de horarios, prezos e venda de entradas para as funcións de Compostela e Narón.
Esta nota ha sido enviada por AiraPro y está reproducida íntegramente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario